jueves, 9 de diciembre de 2010


Benquerido amigo/a,

Un ano máis poñémonos en contacto contigo, desde a Delegación Diocesana de Pastoral Vocacional, para invitarte e animarche a que participes no Festival da Canción Vocacional que este ano cumpre a súa XVIª edición. Terá lugar en Mondoñedo o Sábado 30 de Abril de 2011.

Preocúpanos seriamente a crise de fe que afecta a sociedade actual e repercute concretamente na Igrexa. Esta situación evócanos o texto de Jn 20 no que o apóstolo Tomé clama: “Eu quero ver”. Verdadeiramente é reflexo do que pasa hoxe: necesitamos ver para crer. Pero o evanxeo convídanos a ver cos ollos da fe. Por iso, o lema deste ano será “Eu quero ver”, que se entende, en sentido vocacional, como necesidade de ver a Xesús, do encontro con El, como resposta á súa chamada.

Ademais de poder participar no Festival coas vosas cancións ou coa vosa asistencia, invitámosvos tamén a colaborar na elaboración do cartel do Festival. No mesmo ten que aparecer o lema, o día e lugar de celebración así como quen o convoca. Pódese facer no formato que se queira e envialo ás direccións de correo postal ou dixital que aparecen máis abaixo. Como podedes entender, isto ten que facerse pronto, polo que o límite de entrega será o 27 de febreiro. Aquel cartel que consideremos máis apropiado, será o que empreguemos para dar publicidade ao Festival deste ano.

Non só queremos que participedes co canto, nos obradoiros ou na confección do cartel; este ano podedes participar tamén realizando unha presentación en formato PowerPoint que recolla o sentido do que celebramos no Festival (pode ser unha presentación cun conto, redacción, con imaxes ou debuxos, etc…). O prazo límite para entregalas será o mesmo que para as cancións. As presentacións que fagades verémolas o día do Festival e colgarémolas no noso blog.

Se tes algunha dúbida, ponte en contacto con nós: festivalcancionvocacional.pvmf@gmail.com

Só queda animarte a que participes nalgunha das actividades que presentamos; tamén podes vir simplemente a participar do día de convivencia e divertirte coas actuacións.

Un cordial saúdo, A ORGANIZACIÓN DO FESTIVAL



festivalcancionvocacional.pvmf@gmail.com

http://festivalcancionvocacional.blogspot.com/

BASES DO XVI FESTIVAL DA CANCIÓN VOCACIONAL

1.- A canción debe ter unha mensaxe vocacional co lema “Eu quero ver”. A canción non ten por que titularse así, nin cinguirse literalmente ó lema.

2.- A letra e a música deben de ser orixinais.

3.- As composicións poden ser en Galego ou en Castelán.

4.- Haberá dúas categorías:

§ Infantil (ata 14 anos). Nesta categoría pode participar un adulto acompañando con algún instrumento.

§ Xuvenil (de 15 anos en diante)

5.- Serán premiados os tres mellores de cada categoría.

6.- A instrumentación é libre.

7.- Ninguén pode participar en máis dun grupo. (A excepción de acompañante grupo infantil).

8.- Cada grupo só poderá presentar unha canción.

9.- Tódolos concursantes deben de comunicar por escrito ou por e-mail a súa participación, adxuntando:

§ Nome do grupo, nº de compoñentes, lugar de procedencia e nivel

§ Nome e dirección do responsable do grupo

§ Título da canción

§ Copia da letra xunto cos acordes da mesma

§ Grabación da canción (en formato CD, casette ou mp3)

§ Cuestionario

10.- É imprescindible a puntualidade no prazo de inscripción e entrega.

Todo isto enviarase antes do 11 de abril a:

XVI FESTIVAL DA CANCIÓN VOCACIONAL

Rúa da Estrela, 2

15350 CEDEIRA (A CORUÑA)

ou á nosa dirección de correo electrónico: festivalcancionvocacional.pvmf@gmail.com

Queremos recalcar algo importante: os grupos participantes deben vir acompañados polos seus responsables, que estarán atentos a eles e participarán xuntos en toda a Xornada de Encontro-Convivencia na que se enmarca o Festival. Pídese o cuidado dos espazos que utilicemos.

miércoles, 6 de octubre de 2010

XA hai data para o Festival da Canción Vocacional 2011

O vindeiro 30 Abril de 2011, celebrarase unha nova edicción do Festival da
Canción Vocacional 2011. Para preparar a 16ª edicción convocase a os grupos
a unha reunión ( un representante por grupo) na nova Igrexa Parroquial de
Santa María de Caranza o día 16 de Outono de 2010 ás 11 da mañá.


miércoles, 21 de julio de 2010

La Cruz de la Jornada Mundial de la Juventud 2011 llega a la Diócesis

Los niñ@s del Campamento Diocesano

la recibirán el próximo día 22, realizando una etapa simbólica del Camino de Santiago entre Mondoñedo y Lourenzá

Mondoñedo (jueves 22), Ribadeo (viernes 23), Viveiro (sábado 24) y Ferrol (domingo 25) serán los lugares de nuestra Diócesis que tendrán la oportunidad de recibir próximamenete a la Cruz de la JMJ 2011...



CONSULTA LAS ETAPAS

viernes, 25 de junio de 2010

"La Última Cima": la sexta película más taquillera de España


"La Última Cima", documental dirigido por Juan Manuel Cotelo en torno a la vida del sacerdote Pablo Domínguez, entra mañana en su cuarta semana de exhibición como la sexta película más taquillera de España. Las cinco anteriores posiciones, las ocupan filmes que cuentan con entre 223 y 393 copias como son los casos de The Blind Side y El Príncipe de Persia. Este documental, cuenta sólo con 64.

Cerca de 70 mil personas ya la han visto y contrariamente a lo que suele suceder con la mayoría de las cintas, aumenta de nuevo el número de copias por petición popular. Mañana llegará a 77 ciudades españolas. De este modo, La Última Cima se sitúa en la lista de las películas españolas más taquilleras del año. Desde su llegada a los cines, el pasado 3 de junio, más de 100 países han solicitado el estreno de La Última Cima en sus fronteras. Además, toda la red suma ya casi un millón de descargas de sus tráilers.

La distribuidora, European Dreams Factory, encargada del estreno de "La Última Cima" en nuestro país, nació con el claro objetivo en 2008 de traer a España películas que aporten un mensaje enriquecedor y valores positivos. Así, "La Última Cima" se ha convertido en su tercera apuesta, después del canto a la vida en Bella y el drama histórico en Katyn.

martes, 4 de mayo de 2010

Moitas grazas !!

O 1 de Maio foi sen dúbida algunha, unha festa... a festa diocesana das vocacións...
Xuntámonos preto de medio millar de persoas... MOITAS GRAZAS A TODOS...
Celebrouse a Xornada do Monago e o XV Festival da Canción Vocacional...

As agrupacións musicais das parroquiais de Cariño e As Pontes representarán a
nosa Diócese na 41ª edición do Festival da Canción Misioneira de Galicia, que terá
lugar en Santiago de Compostela o 9 de Maio... Parabéns para elas, pero tamén a
agrupación " Los Julianitos " que acadou o primeiro posto según as valoracións do
Xurado Profesional na categoria Infantil... así como as demáis agrupacións por
convivir e facer desa xornada unha festa.

MOITAS GRAZAS !!!


CATEGORIA INFANTIL:

PRIMEIRO POSTO: " LOS JULIANITOS " - SAN XIAO DE FERROL

CATEGORÍA XUVENIL:

PRIMEIRO POSTO: " RONDALLA DE CARIÑO "
SEGUNDO POSTO: " GENESARET " - PARROQUIA DE AS PONTES

martes, 27 de abril de 2010

ÚLTIMA HORA !!!


Conta atrás para

o Festival da Canción Vocacional en Mondoñedo


Recordamos a todas as persoas que queiran

asistir ao Festival da Canción Vocacional e a

Xórnada do monago darán comezo as 10 da mañá.



Moitas grazas.


_______________________________________________________



HORARIO DA XORNADA ( PODE SUFRIR MODIFICACIÓNS )


10:00 ACOLLIDA

10:30 ORACIÓN

11:00 FESTIVAL DA CANCIÓN. PARTE PRIMEIRA. (CATEGORIA INFANTIL)

12:00 OBRADOIROS

14:00 XANTAR

16:00 FESTIVAL DA CANCIÓN. PARTE SEGUNDA.

17:00 COMUNICACIÓNS E ENSAIOS DE CANTOS.

18:30 EUCARISTÍA.

19:30 RESULTADO DO FESTIVAL DA CANCIÓN E XESTO DE ENVÍO.




martes, 20 de abril de 2010

ULTIMA HORA !!!

La Delegación ha detectado ciertos problemas con la dirección de email

festivalcancionvocacional@hotmail.com

por lo que recomienda a todos los usuarios que quieran ponerse en contacto con los responsables del Festival, utilicen la dirección de la Delegación

pastoralvocacional@mondonedoferrol.org



domingo, 21 de marzo de 2010

XV ANIVERSARIO DO FESTIVAL

O Festival da Canción Vocacional da Diócese de Mondoñedo Ferrol, está de festa.

Nesta edicción cumpre 15 anos. Son 15 anos de persoas e de historias.

E non podemos esquenzernos desta realidade. Por iso queremos facer
memoria, e pedimos a vosa axuda. Se tendes fotos, videos, audiciós, carteis, recordos, libriño de cantos, etc ... poñédevos en contacto con nós.

Xuntos faremos ca historia do festival se manteña viva.


Para achegarnos o que teñades utilizade os correos:

festivalcancionvocacional@gmail.com

pastoralvocacional@mondonedoferrol.org


Ou a través do correo convencional:


XV FESTIVAL DA CANCIÓN VOCACIONAL - HISTORIA
Rúa da Igrexa, 7
15565 AS SOMOZAS (A CORUÑA)

miércoles, 10 de febrero de 2010

15º FESTIVAL DA CANCIÓN VOCACIONAL

Benquerido/a amigo/a.

Un ano máis poñémonos en contacto contigo, desde a Delegación Diocesana de Pastoral Vocacional, para invitarte e animarte a que participes no Festival da Canción Vocacional que este ano chega á súa XVª edición. Terá lugar en Mondoñedo o sábado 1 de maio do 2010.

Como ben saberás, este ano a Igrexa celebra o Ano Sacerdotal. De aí que este ano celebremos o Festival no Seminario Diocesano, por ser un referente como canteira de vocacións ao sacerdocio ministerial.

O lema será “Dareivos pastores segundo o meu corazón” (Xer 3,15). Esta é unha promesa que Deus nos fai de coidar a súa comunidade, o seu pobo, mediante homes que se configuren na persoa de Cristo, o Bo Pastor; como unha chamada á vocación ao servizo da comunidade; como guías e ministros dispensadores da súa graza e do seu amor a través dos Sacramentos e da súa Palabra.

As cancións versarán sobre este tema. Por se poden axudarvos, poñémosvos algunhas citas da Sagrada Escritura: Xer 3; Xn 6 (Multiplicación dos pans e os peixes); Xn 10 (o Bo Pastor); Xn 14 (Xesús, camiño, verdade e vida); Xn 15 (Xesús a vide verdadeira). Tamén, se queredes consultala, tedes a Exhortación Apostólica de Xoán Paulo II PASTORES DABO VOBIS que trata sobre a formación dos sacerdotes e que comeza coa cita de Xeremías que é o lema do noso festival.

Ademais de poder participar no Festival coas vosas cancións ou coa vosa asistencia, invitámosvos tamén a colaborar na elaboración do cartel do Festival. No mesmo ten que aparecer o lema, o día e lugar de celebración así como quen o convoca.

Pódese facer no formato que se queira e envialo ás direccións de correo postal ou dixital que aparecen máis abaixo. Como podedes entender, isto ten que facerse pronto, polo que o límite de entrega será o 28 de febreiro. Aquel cartel que consideremos máis apropiado, será o que empreguemos para dar publicidade ao Festival deste ano.

Non só queremos que participedes co canto, nos obradoiros ou na confección do cartel; este ano podedes participar tamén realizando unha presentación en formato PowerPoint que recolla o sentido do que celebramos no Festival (pode ser unha presentación cun conto, redacción, con imaxes ou debuxos, etc…). O prazo límite para entregalas será o mesmo que para as cancións. As presentacións que fagades verémolas o día do Festival e colgarémolas no noso blog.

Por último, este ano, o primeiro e segundo grupo clasificado da categoría xuvenil representarán á nosa diocese no Festival da Canción Misioneira de Galicia, que terá lugar en Santiago de Compostela o día 9 de maio. (O desprazamento correría a cargo da Delegación Diocesana de Misións).

Se tés algunha dúbida, ponte en contacto con nós:

festivalcancionvocacional@hotmail.com ou tamén no correo deste blog: festivalcancionvocacional@gmail.com

Só queda animarte a que participes nalgunha das actividades que presentamos; tamén podes vir simplemente a participar do día de convivencia e divertirte coas actuacións.

jueves, 4 de febrero de 2010

XA TE PODES INSCRIBIR NO XV FESTIVAL DA CANCIÓN VOCACIONAL

Xa te podes inscribir no XV Festival da Canción Vocacional da Diocese de Mondoñedo - Ferrol.Preme na imaxe para descargarte as bases e a ficha de inscrición.

Visita tamén a seguinte páxina: www.mondonedoferrol.org ou prema AQUI.