martes, 3 de mayo de 2011

dous días despois do festival...

Ola Amigos!

Qué tal?, Xa recuperados ou aínda nos doen as pernas, a garganta, etc...?
Aquí os deixo os primeiros clasificados do Festival:

Categoría infantil:
1º ARUME
2º MOVIMIENTO DISCÍPULAS DE JESÚS

a todolos grupos moitas grazas: ADONAI, ESCOLA DE MÚSICA MªLUISA NOVO, JULIANITOS y COLEXIO NOSA SRA. DO PILAR de FOZ

Categoría Xuvenil:
1º MOVIMIENTO DISCÍPULAS DE JESÚS
2º CORO PARROQUIAL NOSA SRA. DO ROSARIO
a todolos grupos moitas grazas:NUEVA ALIANZA, SILOÉ, SHEMÁ, ESCOLA DE MÚSICA Mª LUISA NOVO, CORO PARROQUIAL SAN XOÁN DE FILGUEIRA

OS QUE VAN O FESTIVAL DA CANCIÓN MISIONEIRO SERÁ O "Movimiento Díscípulas de Jesús" , da categoría Xuvenil.

e agora os deixo uns momentos en video do festival...





jueves, 28 de abril de 2011

A dous dias do Festival !!!

FestCancVoc.jpg

Organiza: Delegación Diocesá de Pastoral Vocacional/ Diocese de Mondoñedo - Ferrol

NOTA DE PRENSA

Mondoñedo, 30 Abril de 2011 – FESTIVAL CANCIÓN VOCACIONAL E XORNADA DO MONAGO

O día 30 de Abril celébranse no Seminario Menor de Santa Catalina de Mondoñedo o Festival da Canción Vocacional na súa 16 edicción e a Xornada do Monago... Trátase dunha xórnada diocesá polas vocacións e como tal, toda a Diócese está convidada a participar nela e que comezará ás 10 da mañá coa acollida:

A ENTRADA E INSCRIPCIÓN DA XORNADA TERÁ LUGAR POLA PORTA LATERAL DO SEMINARIO MENOR, ONDE ESTÁ A PISTA DEPORTIVA.

11:00 h. Eucaristía, presidida polo noso Obispo D. Manuel Sánchez Monge.

12:00 h. Unha acción de grazas e oración que dirixirá o Rvdo. D. Javier García Rodríguez Vice-Delegado da delegación de infancia e Mocidade da Archidiocese de Santiago de Compostela e Director Espiritual do Seminario Menor da Asunción da Archidiocese de Santiago de Compostela, onde presentará a canción – lema da xornada... “Yo quiero ver” – composta por Rvdo. D. Jarvier García Rodríguez.

15:00 h. Actuación do Coro da Parroquia Nosa Señora do Rosario de Ferrol e da Comunidade “Orden y Mandato de San Miguel Arcangel”.

Durante a xórnada en diferentes horas terá lugar as actuacións dos distintos grupos que participan no festival da canción vocacional nas duas categorias: infantil e xuvenil.

19:30 h. Saída cara a Catedral en procesión onde terá lugar ás 20:00 h. Unha oración de xesto de envío e entrega de premios, dirixido polo Delegado de infancia e Mocidade da Diocese de Mondoñedo-Ferrol o Rvdo. D. Leocadio Posada Vera (Moderador do Equipo Sacerdotal encargado da atención pastoral de: Covas (San Martiño), Esmelle (San Xoán), A Mariña (San Xurxo) e Serantes (O Divino Salvador).

Durante a Xornada terán lugar distintos obradoiros ós que están convidados a participar os que asistan nesta xornada de festa diocesá polas vocacións...

Os obradoiros serían os seguintes:

Para menores de 12 anos:

- ORACIÓN E VIDA: dirixido por Lucía Mera Pérez e Leonor Yáñez González, Leigos da Parroquia do Pilar de Ferrol.

- ORATORIO CON NENOS: dirixido por Verónica Sanz Fenández, Mestra do Colexio "Jesús Maestro" Discípulas de Jesus de Ferrol e catequista de Baltar.

Para maiores de 12 anos:

- ORACIÓN DE TAIZÉ: dirixido por Álvaro e Carmela Lamas Pérez, Santa María del Campo de Ribadeo.

- ORAR ANTE O ICONO: dirixido por Jose Boullosa Canda, Mestre do Seminario Menor Diocesá "Santa Catalina" de Mondoñedo e Vice-rector da Residencia Sacerdotal de Mondoñedo e membro adscrito ó equipo Sacerdotal de Vilalba.

Para adultos:

- EDUCAR EN FAMILIA: dirixido por Juan Basoa Rodríguez, Delegado de Pastoral Familiar da Diocese de Mondoñedo-Ferrol e moderador do Equipo Sacerdotal encargado da Unidade Pastoral de Ferrol do Ensanche.

Específicos:

- MONAGOS: dirixido por Óscar Santiago Sanmartín, formador e mestre do Seminario Menor Diocesá "Santa Catalina" de Mondoñedo.

- JMJ: para xoves inscritos para participar na mesma: dirixido polos membros da Delegación diocesá de Infancia e Mocidade de Mondoñedo-Ferrol e polo Delegado Diocesá de infancia e Mocidade da Archidiocese de Santiago de Compostela o Rvdo. D. Francisco Javier Porro Martínez.




A organización

Un cordial saúdo.

martes, 22 de marzo de 2011

URXENTE !!

O 11 DE ABRIL É O DERRADEIRO DÍA PARA ANOTARSE NO FESTIVAL DA CANCIÓN VOCACIONAL... APÚNTATE... !!!

ÚLTIMA HORA:

Os dous primeiros clasificados da categoría xuvenil representarán a nosa Diócese, no festival da Canción Misionera, que terá lugar o 8 de Maio na cidade da Coruña...