Organiza: Delegación Diocesá de Pastoral Vocacional/ Diocese de Mondoñedo - Ferrol
NOTA DE PRENSA |
| |
Mondoñedo, 30 Abril de 2011 – FESTIVAL CANCIÓN VOCACIONAL E XORNADA DO MONAGO | ||
|
O día 30 de Abril celébranse no Seminario Menor de Santa Catalina de Mondoñedo o Festival da Canción Vocacional na súa 16 edicción e a Xornada do Monago... Trátase dunha xórnada diocesá polas vocacións e como tal, toda a Diócese está convidada a participar nela e que comezará ás 10 da mañá coa acollida:
A ENTRADA E INSCRIPCIÓN DA XORNADA TERÁ LUGAR POLA PORTA LATERAL DO SEMINARIO MENOR, ONDE ESTÁ A PISTA DEPORTIVA.
11:00 h. Eucaristía, presidida polo noso Obispo D. Manuel Sánchez Monge.
12:00 h. Unha acción de grazas e oración que dirixirá o Rvdo. D. Javier García Rodríguez Vice-Delegado da delegación de infancia e Mocidade da Archidiocese de Santiago de Compostela e Director Espiritual do Seminario Menor da Asunción da Archidiocese de Santiago de Compostela, onde presentará a canción – lema da xornada... “Yo quiero ver” – composta por Rvdo. D. Jarvier García Rodríguez.
15:00 h. Actuación do Coro da Parroquia Nosa Señora do Rosario de Ferrol e da Comunidade “Orden y Mandato de San Miguel Arcangel”.
Durante a xórnada en diferentes horas terá lugar as actuacións dos distintos grupos que participan no festival da canción vocacional nas duas categorias: infantil e xuvenil.
19:30 h. Saída cara a Catedral en procesión onde terá lugar ás 20:00 h. Unha oración de xesto de envío e entrega de premios, dirixido polo Delegado de infancia e Mocidade da Diocese de Mondoñedo-Ferrol o Rvdo. D. Leocadio Posada Vera (Moderador do Equipo Sacerdotal encargado da atención pastoral de: Covas (San Martiño), Esmelle (San Xoán), A Mariña (San Xurxo) e Serantes (O Divino Salvador).
Durante a Xornada terán lugar distintos obradoiros ós que están convidados a participar os que asistan nesta xornada de festa diocesá polas vocacións...
Os obradoiros serían os seguintes:
Para menores de 12 anos: - ORACIÓN E VIDA: dirixido por Lucía Mera Pérez e Leonor Yáñez González, Leigos da Parroquia do Pilar de Ferrol. - ORATORIO CON NENOS: dirixido por Verónica Sanz Fenández, Mestra do Colexio "Jesús Maestro" Discípulas de Jesus de Ferrol e catequista de Baltar.
Para maiores de 12 anos: - ORACIÓN DE TAIZÉ: dirixido por Álvaro e Carmela Lamas Pérez, Santa María del Campo de Ribadeo. - ORAR ANTE O ICONO: dirixido por Jose Boullosa Canda, Mestre do Seminario Menor Diocesá "Santa Catalina" de Mondoñedo e Vice-rector da Residencia Sacerdotal de Mondoñedo e membro adscrito ó equipo Sacerdotal de Vilalba.
Para adultos: - EDUCAR EN FAMILIA: dirixido por Juan Basoa Rodríguez, Delegado de Pastoral Familiar da Diocese de Mondoñedo-Ferrol e moderador do Equipo Sacerdotal encargado da Unidade Pastoral de Ferrol do Ensanche.
Específicos: - MONAGOS: dirixido por Óscar Santiago Sanmartín, formador e mestre do Seminario Menor Diocesá "Santa Catalina" de Mondoñedo. - JMJ: para xoves inscritos para participar na mesma: dirixido polos membros da Delegación diocesá de Infancia e Mocidade de Mondoñedo-Ferrol e polo Delegado Diocesá de infancia e Mocidade da Archidiocese de Santiago de Compostela o Rvdo. D. Francisco Javier Porro Martínez.
| |
A organización
Un cordial saúdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario