Benquerido/a amigo/a.
Un ano máis poñémonos en contacto contigo, desde a Delegación Diocesana de Pastoral Vocacional, para invitarte e animarte a que participes no Festival da Canción Vocacional que este ano chega á súa XVª edición. Terá lugar en Mondoñedo o sábado 1 de maio do 2010.
Como ben saberás, este ano a Igrexa celebra o Ano Sacerdotal. De aí que este ano celebremos o Festival no Seminario Diocesano, por ser un referente como canteira de vocacións ao sacerdocio ministerial.
O lema será “Dareivos pastores segundo o meu corazón” (Xer 3,15). Esta é unha promesa que Deus nos fai de coidar a súa comunidade, o seu pobo, mediante homes que se configuren na persoa de Cristo, o Bo Pastor; como unha chamada á vocación ao servizo da comunidade; como guías e ministros dispensadores da súa graza e do seu amor a través dos Sacramentos e da súa Palabra.
As cancións versarán sobre este tema. Por se poden axudarvos, poñémosvos algunhas citas da Sagrada Escritura: Xer 3; Xn 6 (Multiplicación dos pans e os peixes); Xn 10 (o Bo Pastor); Xn 14 (Xesús, camiño, verdade e vida); Xn 15 (Xesús a vide verdadeira). Tamén, se queredes consultala, tedes a Exhortación Apostólica de Xoán Paulo II PASTORES DABO VOBIS que trata sobre a formación dos sacerdotes e que comeza coa cita de Xeremías que é o lema do noso festival.
Ademais de poder participar no Festival coas vosas cancións ou coa vosa asistencia, invitámosvos tamén a colaborar na elaboración do cartel do Festival. No mesmo ten que aparecer o lema, o día e lugar de celebración así como quen o convoca.
Pódese facer no formato que se queira e envialo ás direccións de correo postal ou dixital que aparecen máis abaixo. Como podedes entender, isto ten que facerse pronto, polo que o límite de entrega será o 28 de febreiro. Aquel cartel que consideremos máis apropiado, será o que empreguemos para dar publicidade ao Festival deste ano.
Non só queremos que participedes co canto, nos obradoiros ou na confección do cartel; este ano podedes participar tamén realizando unha presentación en formato PowerPoint que recolla o sentido do que celebramos no Festival (pode ser unha presentación cun conto, redacción, con imaxes ou debuxos, etc…). O prazo límite para entregalas será o mesmo que para as cancións. As presentacións que fagades verémolas o día do Festival e colgarémolas no noso blog.
Por último, este ano, o primeiro e segundo grupo clasificado da categoría xuvenil representarán á nosa diocese no Festival da Canción Misioneira de Galicia, que terá lugar en Santiago de Compostela o día 9 de maio. (O desprazamento correría a cargo da Delegación Diocesana de Misións).
Se tés algunha dúbida, ponte en contacto con nós:
festivalcancionvocacional@hotmail.com ou tamén no correo deste blog: festivalcancionvocacional@gmail.com
Só queda animarte a que participes nalgunha das actividades que presentamos; tamén podes vir simplemente a participar do día de convivencia e divertirte coas actuacións.